domingo, 3 de marzo de 2013

Novas para esta semana

Tumblr_mixozgqsf11r6fgimo1_500_large



















Ola, Libromaníacos!
Agardo que esteades pasando unha boa fin de semana.
Quérovos informar de que actualmente estou lendo Emma, de Jane Austen, aínda que creo que xa vos informara hai algún tempo.
De todos modos, xa vos adianto que a reseña tardará algo en publicarse principalmente por un motivo: exames.
Estas vindeiras semanas, contemos dúas aproximadamente, estarán cargadiñas de exames, polo tanto non creo que poida pasarme por aquí a miúdo.
Así que xa vos digo agora que se durante algún tempo parezo andar desaparecida, non é así para nada, senón que teño moooito que estudar. Pero non vos desesperedes, que seguro que atopades por aí algunha entrada que se vos pasase e que sexa do voso interese.

Dito isto, só cabe desexarvos unha boa semana e, para aqueles que tendes exames, moita sorte.

Bicos,
Libromaníaca.
 

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...