viernes, 17 de mayo de 2013

Día das letras galegas

Large

Ola, Libromaníacos!
Como saberedes, hoxe é o día das letras galegas. Un día como hoxe no 1863, Rosalía de Castro publicaba Cantares Gallegos, que marcou o comezo da nosa literatura contemporánea.
Así que 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas como conmemoración a este acontecemento tan importante.
Este ano adícase a Roberto Vidal Bolaño, dramaturgo pioneiro en lingua galega que escribiu obras como "O saxo tenor" ou "A Rosalía", a segunda moi polémica e non demasiado comprendida polo público nen sempre ben acollida pola crítica.
Además de escribir obras de teatro e facer de actor nas mesmas, Roberto Vidal Bolaño foi actor de cine galego, e o temos en pezas clave do noso cine como "Sempre Xonxa" ou "A lingua das Bolboretas", adaptación da historia de Manuel Rivas.
Con todo isto, só cabe desexarvos que pasedes un bó Día das Letras Galegas e lembrarvos que hoxe leades, canda menos, unhas liñas na nosa lingua.


Libromaníaca.





No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...