lunes, 22 de julio de 2013

Volvémosnos ver

 
Ola, Libromaníacos.
Quizais vos percatastes da miña prolongada ausencia estes pasados meses.
Ao principio foi por falta de tempo, logo por exames, máis tarde porque decidín desistir, xa que me parecía que non tiña sentido escribir se a ninguén parecía interesarlle, e por último, porque estiven de vacacións.
Tiña preparado o correspondente cartel de pechado por vacacións, o único foi que non tiven tempo de publicalo. Sen embargo, parece que non foi necesario, porque non fun demasiado votada en falta, non si?

A dicir verdade, non creo estar en situación de dominarme tanto como para evitar amosar o meu descontento cos meus seguidores, pois a actividade no Blog dos seguidores caeu a pique nos últimos meses, e en parte sei que pola miña culpa, xa que non publiquei demasiado a miúdo.
Aínda que gran parte da culpa da escaseza de actividade resida en min, gustaríame que soubésedes que é un Blog non pode prescindir do interese dos seus seguidores, por tanto a falta deste cara min pareceume tal que decidín deixalo por espazo dunhas semanas, ata que houbese sinais de vida. Pero esta ausencia tivo que prolongarse meses, ao final, posto que, se había vida, estaba moribunda.
Por tanto este Blog estivo en perigo de extinción en bastantes ocasións.

Ben, espero que vos sirva esta breve explicación da miña tan longa ausencia. Así que só me gustaría que agora, por favor, se vos interesa o que escribo, o amosedes.
Non pido gran cousa, só algún comentario breve...

En fin, por certo, que dentro de pouco teredes a reseña de Mansfield Park, que xa o estou rematando, e tamén quizais un artigo sobre Pompeya, na que estiven durante a miña ausencia por vacacións e que sempre foi de gran interese para min.


Libromaníaca.

Annemarie van der Kaaij | via Facebook



















2 comentarios:

galmar dijo...

Ola, son unha das túas seguidoras, e hai tanto tempo que non comento que esquecín o contrasinal, polo que é a segunda vez que escribo este comentario. Hai meses xa que non comento, imaxino que por desencanto, non co teu blogue, senón en xeral, maila que sigo a ler algúns blogues (cada vez menos, pois as persoas que lía tamén deixaron de escribir) aínda así, non me gustaría ler que te desanimas pola falta de comentarios, pois seguro que hai moitas persoas que te len, maila que non comenten :)
Pola miña banda, estarei encantada de ler sobre Mansfield Park, e tamén sobre Pompeya, unha das miñas cidades favoritas de pequena, cando me encantaba todo o que cheiraba a Italia e Grecia :) aínda me encanta! ademais, escribes en galego, co que é un gusto lerte :)
unha aperta!
PD: a fotografía desta entrada é fantástica!

Pilar Alberdi dijo...

Te añado a los enlaces de mi blog para tenerte presente.
Me encanta leerte en gallego.
Saludos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...