martes, 10 de septiembre de 2013

Aniversario

cake tumblr - Google Search


Ola, Libromaníacos.
Hoxe estou moi contenta porque é o meu cumpleanos.

Dende pequena para min é un día único que me aporta cantidade de sensacións gratificantes, e a proximidade da data do inicio das clases non conseguía facer desaparecer o nerviosismo e a ilusión coa que agardaba a chegada deste día.

É un motivo para estar cando menos alegre o de ter algo que celebrar, en especial cando se teñen arredor a aqueles seres queridos cos que un quere celebralo.
Nun primeiro momento non puiden evitar sentirme triste polo ceo gris, pero dende hai un pouco este deixou paso a un ceo desa cor azul que tanto me gusta, tan infinita... como o mar, como o ceo.

Así que, xa que auguro un día tan feliz para min, agardo que o sexa tamén para vós. Polo tanto... que pasedes un bó día!




Libromaníaca.




 

3 comentarios:

Espe dijo...

Feliz aniversario ^^
Un beso

moucker dijo...

Que bonito

Anónimo dijo...

Moitos anos de Libromaníaca. Es estupenda

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...