sábado, 7 de septiembre de 2013

Cumbres borrascosas

Nature | via Tumblr




















RESEÑA

O señor Lockwood aluga unha casa para pasar o inverno. Pero cando chega, o enigmático propietario da mesma non o recibe como esperaba.
De todos modos, o señor Lockwood aluga a casa, e acaba pasando máis tempo do que pensaba, pois a causa do tempo nesas paraxes enferma. Alí, a ama de chaves, Nelly, encárgase dos coidados do enfermo, e para satisfacer a súa curiosidade cóntalle a impactante historia do señor Heathcliff, principalmente porque foi testigo da súa vida completa.

Entre páramos e unha paisaxe desoladora, baixo un ceo eternamente gris e completamente afastada da poboación, encóntrase Cumbres Borrascosas, fogar da familia Earnshaw.
Alí crece Catherine, alonxada de nenos da súa idade exceptuando aos seus únicos veciños, a familia Linton, que habita a Granxa dos Tordos.

As vidas dos habitantes da casa seguen un curso normal, monótono, gris coma a cor que se repite no ceo cada día ata que chega un pequeno xitano da idade de Catherine abandonado nas rúas de Liverpool sen nome nen apelidos, polo cal o señor Earnshaw decide acollelo e darlle un único nome: Heathcliff.

Heathcliff e Catherine fanse grandes amigos, e pasan a súa infancia dunha forma algo asalvaxada, deixando aflorar a súa natureza máis apaixoada, agresiva e salvaxe sen permitir que ninguén deteña os seus impulsos e loucuras.
Unha vez morren o señor e a señora Earnshaw, todas as propiedades pasan ao irmán de Catherine, que trata a Heathcliff peor que a un criado.
Sen embargo, grazas á deixadez do señor de Cumbes Borrascosas e ao verdadeiro desinterese polo coidado da súa irmá e de Heathcliff, ambos continúan a súa vida polos páramos afastada do resto dos seus coñecidos.
Heathcliff, quizais canso do maltrato ao que está sometido, quizais ansioso de probar sorte fóra dos límites daquelas terras, marcha do seu fogar, non sen antes escoitar parte da declaración do amor de Catherine por el, mentres llo conta a Nelly [E, de paso, agasállanos cunhas das frases máis recoñecidas das historias de amor].

"Hai máis de min nel que en min mesma. Sexa do que sexa do que están feitas as almas, a súa e a miña son a mesma."
 
Tres anos despois, sen previo aviso, unha vez Catherine está casada con Edgar Linton e vive na Granxa dos Tordos, regresa Heathcliff, o home sen orixes, disposto a atormentar e a levar á condena a aqueles que o fixeron sufrir no pasado, cunhas ansias de vinganza que nunca imaxinaría ninguén dun ser humano, pero que concordan perfectamente coa substancia escura e salvaxe que corre polas súas veas... e tamén polas de Catherine. Disposto a causar a dor e a fin das dúas familias, e movido polo odio cara os carceleiros da súa alma e o seu espírito, pero sobre todo disposto a recuperar o que nunca puido ser seu.
 
 
 
 
                                                         * * *



Aquí déixovos algunhas das citas máis relevantes do libro e que máis aprezo.

"Os meus grandes sufrimentos neste mundo foron os sufrimentos de Heathcliff, vinnos e sentinnos cada un dende o comezo. O gran pensamento da miña vida é el. Se todo perecese e el se salvase, eu seguiría existindo, e se todo quedase y el desaparecese, o mundo seríame do todo estraño, non me parecería que son parte del. [...] O meu amor por Heathcliff parécese máis á eternidade das rochas profundas, é fonte de escaso pracer visible, pero necesario. Nelly, eu son Heathcliff, el está sempre, sempre na miña mente. Non sempre como unha cousa agradable, por suposto, non sempre me agrado a min mesma."

"Aínda que el a amase con toda a forza dosu mezquino ser, non a amaría tanto en oitenta anos como eu nun día. Catherine ten un corazón tan profundo coma o meu: tan fácil sería meter o mar naquela artesa como que todo ocariño de Catherine fose acaparado por el."

"¡Oxalá esperte en tormento! Si, mentiches ata o final, Catherine Earnshaw, ¡Deus queira que non descanses mentres eu viva! ¡Dixeches que eu te matei! ¡Pois sígueme! Como as vítimas persiguen aos seus asesinos, ¡Sígueme! Se hai espíritos que andan errantes polo mundo, quédate sempre conmigo, toma calqueira forma, ¡Vólveme tolo! ¡Pero, por favor, non me deixes neste abismo onde non podo encontrarte! ¡Oh, meu deus! ¡¿Como dicircho?! ¡Non podo vivir sen a miña vida, ¡Non podo vivir sen a miña alma!"


OPINIÓN PERSOAL

Algo sorprendente nesta novela é o carácter das personaxes. Se cadra agora é un recurso anticuado e esaxerado, pero temos dous carácteres opostos: ou ben as personaxes son boas en exceso, incluso chegando ao punto de parecer bobas, ou ben son malos, tan malos que provocan o odio e o rexeitamento do lector.

Esta obra é todo paixón e loucura dos personaxes, se cadra a segunda característica das novelas góticas.
Contrasta o desenfreno da  obra e a historia apaixoada coa idea que nos dan da súa autora, á que sempre presentan como a irmá máis tímida e recluída das tres irmás tímidas e recluídas da rectoría de Haworth que, ademais de destacaren pola súa intelixencia que agora calificariamos como superdotada, escribiron algunhas das obras máis famosa da literatura, e son consideradas como as devanceiras da tradición literaria feminina.

Aqueles que leron Jane Eyre, de Charlotte Brontë, daranse conta de que é completamente distinto a Cumbres Borrascosas. É un remanso de paz frente a un temporal mar adentro. E para que coñezades o calibre da paixón e voracidade dos diálogos e de como está escrita a novela, fixádevos nos fragmentos que seleccionei na reseña.
A dicir verdade, non está na miña man dar unha opinión de plena confianza respecto ao libro como historia de amor, pois non teño demasiada experiencia lendo esta clase de libros. Polo xeral, como saberán os lectores habituais do Blog, as historias unicamente de amor peligran con poderme chegar a aburrir.
Sen embargo, neste caso, non foi así, nen moito menos. De feito creo que a ninguén lle pode chegar a aburrir en ningún aspecto esta novela. Por algo é unha das novelas románticas por excelencia, se non a que máis.




Datos:
Título: Cumbres borrascosas
Autora: Emily Brontë
Editorial: Círculo de lectores
Clasificación: Novela gótica, romántica.
Calificación: 5/5





  

Libromaníaca.



 

4 comentarios:

galmar dijo...

Me encantan las hermanas Bronte! :) boa finde!

Anónimo dijo...

É UNHA OBRA DESATADA. A PRIMEIRA LECTURA ,RESULTA TAN IMPACTANTE QUE CASE IMPIDE A REFLEXIÓN. VICHES ALGUNHA DAS ADAPTACIÓNS AO CINE?

moucker dijo...

Soa apasionante

Libromaníaca dijo...

Toda a razón. Se cadra sería convinte unha lecutra previa e despois algunha máis profunda para ter unhas ideas máia claras. Polo momento non tiven a oportunidade de ver ningunha, pero teño entendido que fan xustiza á obra en canto calidade. De todos modos non creo que haxa comparación.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...