viernes, 6 de septiembre de 2013

Elysium

 
Ola, Libromaníacos.
Hoxe tráiovos a "pelirreseña" da película Elysium. Espero que vos guste e vos animedes a comentar a vosa opinión.
 
 
RESEÑA
 
Situámosnos a finais do século XXI. A Terra xa non existe tal e como a coñecemos. Está superpoboada, os seus recursos case esgotados, e tan contaminada que é practicamente letal respirar. Non hai leis que protexan ao cidadán. Unicamente se lles esixe respeto cara os axentes da lei. O certo é que non imorta demasiado o que fagan, porque todos os que tiñan suficiente diñeiro escaparon da Terra e se instalaron en Elysium, un planeta creado de forma artificial no que puideron conservar o seu estilo de vida acomodada mentres millóns de persoas malvivían en condicións infrahumanas.
 
Max Da Costa (Matt Damon) crece na miseria, coa única esperanza de que algún día, coa súa amiga Frey, conseguirá chegar a Elysium. E xuntos fan esa promesa.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Sen embargo, unha vez convertidos ambos en adultos, acábanse separando. Frey ten unha filla, e agora é enfermeira nun hospital terceiromundista, e Max traballa sobreexplotado nunha fábrica de robots ata que recibe unha dose letal de radiación que acurta a súa vida deixándoo con cinco días.
 
Nese momento decide ir a Elysium nun desesperado intento de salvar a súa vida, e do mesmo modo salvar a vida da filla de Frey, que se encontra na fase terminal da leucemia.
O único modo de conseguilo é levando a cabo unha importante misión que acarreará graves consecuencias, pero ao mesmo tempo lle brindará a oportunidade de facer algo grandioso que cambiará o curso da historia... e quizais de cumplir a súa promesa.
 
 


  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
OPINIÓN PERSOAL 
 
Aínda levando a etiqueta de película de acción, e quizais non sendo o que buscan aqueles que queren algo novedoso, podo dicir que me gustou e que a min si me sorprendeu en moitos aspectos.
Temos diante un filme ambientado nun futuro caótico, cun réxime nen sequera dictatorial, pois está sumido na decadencia e na deixadez política.
Preséntanos un futuro que cando menos merece a nosa reflexión. Un futuro, que pese a alonxarse de nos centos de anos, está máis próximo do que poida parecer. Superpoboación, inmigración, unha incipiente (na película terrible) desaparición das clases medias...
 
Non é só unha lección de heroísmo e humanidade. Deixando dun lado a ciencia ficción, é moi realista, e como ben dixen antes, reitero o meu comentario anterior da conveniencia de reflexionar sobre a realidade que nos presenta.
 
 
Datos:
Título: Elysium
Director: Neill Blomkamp
Clasificación: Ciencia-ficción, futurista
Calificación: *****. 5/5.
 
 
 
 
Libromaníaca.
 
 
 
 
 
 
 

3 comentarios:

galmar dijo...

Non a vin, pero logo de ler a túa entrada, irei ao cine a vela, tiña as miñas dúbidas, pero convencíchesme :)

hellfire ✚ dijo...

me encanta tu blog
es muy original!!
me quedo leyendo , me gusta mucho las imagenes <3 besos

Libromaníaca dijo...

Vaia, alégrome de resultar convincente e de que che sirva a miña opinión, Galmar.

Hellfire, muchas gracias por tu comentario, siempre es un placer contar con nuevos lectores ^^


Besos, Libromaníaca.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...