martes, 7 de enero de 2014

Bo día e bo ano e bos libros

Moi bos días, Libromaníacos.
Aproveito tamén para desexarvos de todo corazón un feliz ano a todos, e sobre todo a esperanza de que sexa un ano moito mellor que o anterior 2013, que creo que pasará a considerarse un dos peores anos en canto a feitos históricos na nosa historia. E se non o vedes así, pensádeo ao facer conmigo este pequeno repaso... Está o terríbel accidente de tren en Angrois, a indecente liberación de presos (incluíndo a terroristas e violadores) pola doutrina Parot, o derrubamento dunha fábrica téxtil en Bangladesh, cuxos centos de traballadores sobreexplotados faleceron ao ser sepultados polo edificio. Pensabamos que este suceso concienciaría a moitos e permitiría mellorar a precaria situación na que se encontra tantísima man de obra de países subdesarrollados, pero ao parecer aquilo que non nos afecta de forma directa non acabamos de crer que nos concerna. De modo que continuaremos vendo nas portadas dos xornais altercados entre congresistas ou espionaxe por parte dos EEUU mentres que as miles de mortes que se dan cada día en Siria pola revolta contra o dominio de Bashar Asad seguirán ocupando lugares nas páxinas secundarias.
E por que falar tanto do estranxeiro se no noso propio país estamos presenciando como pouco a pouco imos retrocedendo. Os nosos dereitos van minguando ea distancia entre clases vaise facendo máis e máis grande, convirtindo á clase media en dúas palabras sen un sentido verdadeiro, unha especie de foxo que separa a unha nova clase alta e unha nova clase baixa que case podemos chamar nobreza e proletariado.
Recordo cando me dicían que acabase o meu prato porque os nenos de África non podían levarse nada á boca mentres eu me permitía estragar a comida. Agora os nenos da miña propia cidade van á escola sen almorzar, e moitos quizais tampouco ceasen nada o día anterior. Están esvaecidos, presentes en corpo pero non en mente, e agardan con impaciencia o que posiblemente sexa o único momento do día no que poden encher o bandullo, no comedor escolar.

E en fin, entre todos estes sucesos caóticos estou eu ensinándovos as miñas novas adquisicións plo día de Reis.


-El curioso incidente del perro a medianoche - Mark Haddon.

-Ámote, Leo A. - Rosa Aneiros.

O segundo é, ademais, un libro dedicado expresamente, e cunha dedicatoria moi especial e motivadora...
Dito todo isto, só me queda comezalos, e por suposto, darvos a miña opinión.

Feliz ano, e repito, esperemos que mellor.


Libromaníaca.




 

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...