Mostrando entradas con la etiqueta Novas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novas. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de enero de 2014

Bo día e bo ano e bos libros

Moi bos días, Libromaníacos.
Aproveito tamén para desexarvos de todo corazón un feliz ano a todos, e sobre todo a esperanza de que sexa un ano moito mellor que o anterior 2013, que creo que pasará a considerarse un dos peores anos en canto a feitos históricos na nosa historia. E se non o vedes así, pensádeo ao facer conmigo este pequeno repaso... Está o terríbel accidente de tren en Angrois, a indecente liberación de presos (incluíndo a terroristas e violadores) pola doutrina Parot, o derrubamento dunha fábrica téxtil en Bangladesh, cuxos centos de traballadores sobreexplotados faleceron ao ser sepultados polo edificio. Pensabamos que este suceso concienciaría a moitos e permitiría mellorar a precaria situación na que se encontra tantísima man de obra de países subdesarrollados, pero ao parecer aquilo que non nos afecta de forma directa non acabamos de crer que nos concerna. De modo que continuaremos vendo nas portadas dos xornais altercados entre congresistas ou espionaxe por parte dos EEUU mentres que as miles de mortes que se dan cada día en Siria pola revolta contra o dominio de Bashar Asad seguirán ocupando lugares nas páxinas secundarias.
E por que falar tanto do estranxeiro se no noso propio país estamos presenciando como pouco a pouco imos retrocedendo. Os nosos dereitos van minguando ea distancia entre clases vaise facendo máis e máis grande, convirtindo á clase media en dúas palabras sen un sentido verdadeiro, unha especie de foxo que separa a unha nova clase alta e unha nova clase baixa que case podemos chamar nobreza e proletariado.
Recordo cando me dicían que acabase o meu prato porque os nenos de África non podían levarse nada á boca mentres eu me permitía estragar a comida. Agora os nenos da miña propia cidade van á escola sen almorzar, e moitos quizais tampouco ceasen nada o día anterior. Están esvaecidos, presentes en corpo pero non en mente, e agardan con impaciencia o que posiblemente sexa o único momento do día no que poden encher o bandullo, no comedor escolar.

E en fin, entre todos estes sucesos caóticos estou eu ensinándovos as miñas novas adquisicións plo día de Reis.


-El curioso incidente del perro a medianoche - Mark Haddon.

-Ámote, Leo A. - Rosa Aneiros.

O segundo é, ademais, un libro dedicado expresamente, e cunha dedicatoria moi especial e motivadora...
Dito todo isto, só me queda comezalos, e por suposto, darvos a miña opinión.

Feliz ano, e repito, esperemos que mellor.


Libromaníaca.




 

domingo, 22 de diciembre de 2013

Un Nadal marabilloso

Quentin blake

Bos días, Libromaníacos.
Quérovos desexar a todos un Nadal moi feliz ao lado dos vosos e moita sorte para o vindeiro ano 2014.
Pídovos desculpas pola esaxeradamente longa ausencia e, por último, o meu desexo de poder aproveitar moito este Nadal para publicar máis a miúdo.

Moitas grazas e moi boas festas a todos.

Libromaníaca.


 

sábado, 6 de octubre de 2012

Novidades




Tumblr_m4o0u1e0zd1qbef7co1_500_large

Ola, Libromaníacos!
Hoxe queríavos anunciar dúas cousas.

A primeira, una nova adquisición, a cal estou comezando estes días.

"Temblor", de Maggie Stiefvater.
Á verdade é que a min non me van moito as historias de lobishomes, e todo isto, pero... para sabelo con certeza o mellor é probalo, ¿non si?
A segunda novidade é unha nova reseña, que poderedes ver no Blog a partir de mañá, seguramente.

"Unha presa de terra", de Marilar Aleixandre; obra publicada e premiada no ano 2001 na sección de novela por entregas no concurso de relatos de verán da Voz de Galicia. 
Xa vedes, comezamos o curso con moita enerxía.
Mantereivos informados ata as próximas reseñas.


Firmado:
Libromaníaca.

viernes, 15 de abril de 2011

Novidades da semana

Esta semana, como cada, traio novas que vos encantarán (ha, ha, ha).

En premeiro lugar, probablemente ireri vér ao cine o estreo de "Caperucita Roja ¿A quién tienes miedo?" con Escritora. Que se estrea hoxe.
Tamén, entre outras moitas cousas, intentarei facer unha entrevista á escritora Alicia Borrás, autora de Nata y Chocolate ou O mar é noso.
Farei a reseña de "Rebeldes", de Susan E. Hinton.
Tamén farei a frase da semana e...
Novo libro!
Comezarei a ler "Tardes con Margueritte" , un libro levado á gran pantalla co actor francés Gerard Depardieu.

Estade atentos porque esta semana hai moitísimas novidades.



domingo, 27 de marzo de 2011

Blogger Lit

Ola, Libromaníacos.
Hoxe quero dicirvos que quero ir con Escritora a "Blogger Lit Con 2011". Non é seguro, pero espero que ao final poida ir.
Se ides participar deixade un comentario dicíndoo.
Un saúdo: Libromaníaca.

domingo, 27 de febrero de 2011

Nova reseña en breve

Ola, so quería dicirvos que dentro de pouco farei a reseña de "Finis Mundi", Laura Gallego, que me encanta.
Ata entón, Libromaníaca.

miércoles, 2 de febrero de 2011

20 seguidores

© Creative Commons, Libromaníaca
 Queroagradecer a todos os meus seguidores (inclusive os anónimos) que me continúen visitando . Grazas, porque agora teño...20 seguidores!
Por fin! GRACIAS, GRACIAS!
Un saúdo: Libromaníaca.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...