domingo, 28 de noviembre de 2010

FIN ou ESPERA?

Dámos hoxe fin ao prazo para enviar historias?Ou preferides que o alonguemos?
Recibín moitos e-mails(en realidade dous ou tres) pedindo que ampliase o prazo de envío de correos electrónicos cos relatos.Entón case prefiro deixar máis tempo porque moita xente estará ocupada durante a semana e pola fin de semana ó mellor non dispón tampouco de trodo o tempo libre.
Polo tanto deixo marxe ata o... venres que vén.Sei que é moito dúas semanas, pero xeralmente nos concursos fan así para que os participantes teñan máis tempo para escribir e enviarme as súas marníficas historias.
Porque sei que custa traballo e leva tempo recoller unha idea principal, desenrolala, facer esquemas, escribir finalmente a historia...e despois enviarma por e-mail.
Non agardedes contestación, vola publicarei SEGURO con tal de que cumpla as bases.Bases nesta direción (fai click aquí).http://unmundodepapeletinte.blogspot.com/2010/11/iii-certame-de-narracion.html

1ª Debes enviar a túa historia (ver bases) nun prazo determinado dende hoxe, 19 de novembro ata o vindeiro 26, unha semana exacta.Sei que é pouco, pero non terei máis semanas para velos, etc., envíaa ao e-mail unmundodepapeletinta@gmail.com
2ª As bases son que historia pode ter entre 15 liñas e 2 páxinas_referíndonos ás caras desta_ e poden estar ecritas en galego ou castelán, esta última lingua engadinna porque (seino, é xenial) temos seguidores dos confíns destas terras galegas.
3ª Cada relato será publicado no Blog, pero só os premiados aparecerán na entrada gañadora.É dicir, que ao rematar o certame os tres primeiros gañadores poderán ter publicadas as historias na entrada "principal" do concurso, por así dicilo.
O premio (sinto non poder ofrecer nada en metálico ou así, pero un ou dous libros aos gañadores, como podería recompensar, non me deixan enviar, e é certo...bon, síntoo) consistirá en unha e-postal de felicitación aos participantes e quizais algo máis tamén electrónico para os gañadores e un documento coa recopilación de todas as historias e algunha sorpresa por cortesía do meu Blog.
 
 

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustaríame que se podes publicases máis entradas,para que o blog teña máis visitas e comentarios.

Anónimo dijo...

Si,es cierto porque asi mas personas visitarán tú Blog.Está muy bien.Un saludo y un abrazo.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...