domingo, 10 de junio de 2012

Queridos Libromaníacos

Ola, Libromaníacos.
Canto tempo... Pero esta vez (e creo que á enésima vai a vencida) teño unha boa excusa... ou alo menos iso espero, porque senón esta entrada non valería para nada.
En todo caso, primeiro vouvos presentar por que a miña ausencia tan prolongada:
Exames. 
Esa palabra que tanto odiamos todos... por que teñen que existir? Son coma eses corvos negros que veñen acompañados dunha mala noticia, que cando teñen que vir, veñen todos xuntos. 
E ese é o problema: que veñen de golpe.
Intentas manter a túa nota, pero cando chegan son como unha tormenta incesante, cada vez máis fortes... 
E canto máis tempo pasa, máis os aborreces.
De todos modos, todos sabemos que é unha derradeira semana, e despois chegan varios meses para descansar e, sobre todo, para ler moito. E que se falto durante estes días polos estudos, é para ben.
Sempre é preferible estudar durante o curso e ter libre o verán para disfrutar e non disfrutar durante o curso e ter que estudar no verán, á verdade.
E por certo, quizais nuns días escriba aquí un pequeno artigo sobre o sistema educativo, que  vin unha reportaxe nunha revista semanal e creo que moitos temos algunha queixa...

Con cariño:
Libromaníaca.

A inspiración tamén descansa.



2 comentarios:

Xenia dijo...

Sorte nos exames :)

~Marina~ dijo...

Supongo que soy la rarita a la que le gustan los exámenes...son emocionantes :P

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...